Swing On leva máis dunha década impartindo clases de lindy hop e espallando a cultura swing por Vigo e arredores. Impartimos clases e organizamos eventos dende o respeto á orixe afroamericana da música jazz e o lindy hop, como baile que xogou (e xoga actualmente) un papel fundamental na loita contra a segregación racial e a desigualdade.
Amamos o jazz como forma de arte, e o lindy hop como forma de corporalizar o jazz partindo dos mesmos códigos. Liberdade individual, cooperación, ritmo, diversidade e inclusividade son algúns dos valores do jazz e que tratamos de coidar e difundir dende Swing On